2/6/09

Lecturas de última hora

Agora que case estamos a fin de curso e andamos un pouco pillados de tempo decidimos ler xusto o libro máis gordo de todos: Los hombres que no amaban a las mujeres, de Stieg Larrson.

O caso é que o libro engancha e xa varias das lectoras remataron o primeiro tomo da triloxía Millenium e xa están moi avanzadas na lectura do segundo: La chica que soñaba con una cerilla y un bidón de gasolina.
Para ler o último, La reina en el palacio de las corrientes de aire, temos que esperar a que se publique a versión en castelán que está prevista para mediados de xuño (a presentación en Madrid é o vindeiro 22 de xuño), pero se non nos dá tempo a lelo neste curso quédanos de "deberes" para o curso que vén.

Entrementres estamos barallando a posibilidade de ir ao cine para ver a adaptación da primeira entrega...

Estará á altura do libro?

1/6/09

Unha nova saída




O pasado venres 29 de maio fomos ao cine para ver Ángeles y demonios, película baseada na novela homónima de Dan Brown.


Este libro é anterior ao best-seller O Código Da Vinci, pero tivo un recoñecemento posterior.


Estamos valorando a posible lectura destas obras ou, cando menos, dunha delas (se temos en conta a semellanza na temática e no desenvolvemento da trama).

26/5/09

Mulleres lectoras (Conto)


Unha mañá, o marido volve á súa cabana logo de varias horas de pesca e decide durmir unha sesta.
Aínda que non coñece ben o lago, a muller decide saír na lancha. Métese lago adentro, bota a áncora e le un libro.
Vén un garda na súa lancha, achégase á muller e dille:
-Bo día, señora. Que está facendo?
-Lendo un libro- responde ela (pensando 'Non é obvio?')
-Está en zona restrinxida para pesca- infórmalle o garda
-Desculpe, oficial, pero non estou pescando, estou lendo.
-Si, pero ten todo o equipo, polo que vexo, podería comezar en calquera momento, terei que levala e detela.
-Se fai iso, tereino que acusar de abuso sexual- di a muller...
-Pero nin sequera a toquei!!!- di o garda.
-É certo, pero ten todo o equipo. Polo que vexo, podería empezar en calquera momento.
-Desculpe, di o garda,que teña un bo día, señora.
E foise de inmediato......

ENSINANZA
Nunca discutas cunha muller que le: Sabe pensar.

21/5/09

AS LAGRIMAS DE SHIVA!! XD

RESUMO:

Adolecente que pasa o verán resolvendo un antigo segredo familiar e no transcurso do misterio namórase!!

PARA MÁIS INFORMACIÓN LER O LIBRO!!

Este é 1 libro de fácil comprensión no que a historia gusta dende o principio pola forma de estar redactado!!

27/4/09

Nova fornada de libros

Para o tempo que nos resta compramos catro novos títulos que leremos no que nos queda de curso:

Para o grupo de 4º:

  • Como agua para chocolate, de Laura Esquivel

  • Poetízate, de Fran Alonso

    • Para o grupo de 3º:

    • El laberinto de las aceitunas, de Eduardo Mendoza

    • Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala
    • 31/3/09

      TeatraLEaNDO

      O teatro pódese ler ou ver... Nesta ocasión nós optamos por asistir á representación de Comedia bífida, de Núñez Singala, posta en escena pola compañía Bicodobrelo.
      Aquí queda unha lembranza dese día

      2/3/09

      Máis que libros

      Ademais de ler tamén procuramos levar a cabo algún tipo de actividade complementaria relacionada coa obra que estamos lendo ou que imos ler.
      Así, polo de agora, as de 4º asistimos (o 17 de decembro)ao cine á proxección do filme Crepúsculo...



      E acudimos tamén ao teatro, o pasado sábado 28 de febreiro, á representación de Comedia bífida, de Manuel Núñez Singala, posta en escena por Bicodobrelo